Arquitectura e patrimonio
Pontevedra conta cunha arquitectura e patrimonio únicos. Tanto no casco urbano como nas parroquias do concello podemos presumir de inmobles únicos e con tanta historia que poderían protagonizar por si sós unha produción audiovisual.
Pazos, igrexas, ruínas, casas vilegas, capelas... conforman unha rede arquitectónica entre a que destacan bens tan recoñecidos como a Casa do Concello, a Igrexa e o Convento de San Francisco, a Basílica de Santa María, o Pazo de Gandarón (sede da Misión Biolóxica), o Pazo de Lourizán, o Parador Casa do Barón, os edificios do Museo de Pontevedra....
En canto a patrimonio a enumeración tamén é ben ampla. Contamos cun extenso catálogo de bens patrimoniais como cruceiros, cruces e petos; petróglifos repartidos por varios montes do municipio con milleiros de lendas asociadas; muíños e fontes con historias propias; e camiños e pontes que unen pobos e levan a cultura dun lado a outro.