Calendario de eventos
JAUJA (2014) de Lisandro Alonso

En 1882, durante a chamada Conquista do Deserto, procedente de Dinamarca, chega á Patagonia o capitán Dinesen coa súa filla de quince anos, Ingeborg, co obxectivo de desenvolver un traballo coma enxeñeiro para o exército arxentino. Cando Ingeborg namora dun mozo soldado e foxe con el, o capitán viaxa ao territorio inimigo na súa procura. Jauja é a historia dun home desesperado por atopar a súa filla, unha cruzada en solitario que o vai levar a un lugar máis aló do tempo, onde o pasado esvaeceuse e o futuro carece de sentido.
Duración: 108 min
Premios:
Premio Fipresci Un Certain Regard - Cannes 2014
Mellor actor (Viggo Mortensen) - Premios Fénix de Cine Iberoamericano
Mellor fotografía (Timo Salminen) - Festival de Cine Iberoamericano de Huelva
Teatro Principal (Pontevedra)
Rúa de Paio Gómez Chariño, 6
36002 , Pontevedra (España)