Espazos Urbanos
A cidade de Pontevedra conta con amplos espazos urbanos para uso e goce da cidadanía. A aplicación do modelo urbano fai que se estea a acadar unha cidade para as persoas, cada vez máis libre de vehículos, o que permite contar con grandes espazos nos que nenos e maiores poden gozar e divertirse. De feito, o modelo de cidade foi recoñecido a través do galardón internacional ‘Onu Habitat’, un prestixioso premio que recoñece a contribución do modelo urbano da cidade para mellorar a calidade de vida.