Instalacións deportivas
Se buscas unha cidade galega que aposta polo deporte, esa é Pontevedra. Os acontecementos deportivos son un dos puntos fortes da cidade e cada ano acolle nas súas rúas diversos campionatos a nivel nacional e internacional.
Ademais das probas ao aire libre, a cidade tamén conta con espazos deportivos de relevancia. Aquí atópase o Centro Galego de Tecnificación Deportiva; a piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur, o estadio de fútbol municipal de Pasarón, o Pavillón Multiusos da Xunqueira, o Pavillón Municipal dos Deportes, as piscinas municipais de Campolongo e o Centro Deportivo do Pontillón do Castro, especializado en piragüismo e unha instalación de referencia no Estado Español.