• Inicio
  • Noticias
  • “Dálle Jas¡, unha "road-movie de humor en formato web serie sobre cinco persoas que deciden compartir coche roda en Pontevedra.

“Dálle Jas¡, unha "road-movie de humor en formato web serie sobre cinco persoas que deciden compartir coche roda en Pontevedra.

dalle jas1

A web serie, que triunfa en Internet dende que no mes de outubro saíu o primeiro capítulo, está a rodar os outros cinco seguintes en exteriores e locais comerciais de Pontevedra. Sesións maratonianas que rematan este mesmo venres na Illa de las Esculturas. Director e produtores da serie agradeceron a axuda de Pontevedra Filme Commission na presentación dos novos capítulos que se realizo na Casa de Luz pola concelleira Carlota Román, o director, José Miguel Sagüillo, a actriz Bea Campos e o actor Omar Ferrín.

O equipo de Dálle Jas! ", acompañado da concelleira de Turismo de Pontevedra, Carlota Román, presentou a última iniciativa de "Pontevedra Filme Commission" na Casa da Luz.

dalle jas

Dálle Jas¡ é unha "road-movie" movida polo fío do humor a partir da confrontación de cinco personaxes antagónicos que non se coñecen entre si e que deciden compartir coche nunha viaxe absurda. Chega da man do grupo Triatreros e coa produción de Audiobeesual.

Conta no reparto ademais de Bea e Omar, con Tone Martínez, Alba Bermúdez, Martín Martínez e Miguel Canalejo. Ademais doutros colaboradores habituais na escena galega.

Tres dos actores, e boa parte do equipo é de Pontevedra ou formado na cidade. En total, un conxunto de 40 persoas que, en palabras de Bea Campos, funcionou como un verdadeiro "viveiro empresarial", formándose e facendo contactos á medida que avanzaba a rodaxe.

A concelleira explicou que unha promoción turística moderna e intelixente ve máis alá da publicación de folletos ou carteis, ou de atender os turistas en casetas de información; busca tamén a presenza da cidade en formatos novidosos como o audiovisual que ten especial querenza por Internet.

Miguel Sagüillo destacou que coa rodaxe de "Dálle Jas¡" gaña o equipo que está detrás deste proxecto, pero tamén gaña a cidade. Ad

casa da luz

Pontevedra Film Commission

Casa da Luz, Praza da Verdura s/n
Pontevedra 36002 Spain
Tel: +34 986 100 185 ext 7465
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.