Pontevedra acolle a estrea de Lurna de Nani Matos

estrea lurna

O Teatro Principal de Pontevedra encheu todas as súas butacas coa estrea de "Lurna", o terceiro audiovisual do premiado director guardés, "Nani Matos". Unha curta apoiada pola Filme Commission de Pontevedra que conta a historia dunha moza que foxe do seu país e chega ata Galicia na procura dunha vida mellor.

Protagonizada pola actriz senegalesa Diaryatou Daff, "Lurna" ten un amplo elenco no que algunhas das caras máis populares do audiovisual galego como Luís Iglesia, Xavier Deive, Santi Rogo, Miro Magariños, Maika Braña, Xosé M. Esperante ou Humy Doado e a súa produción mobilizou a preto dun centenar de persoas, algo pouco habitual nunha curtametraxe.

O propio Nani Matos exerceu de presentador do acto e de seguido, o público asistiu á proxección de 'Lurna', que foi acollida con fortes aplausos. A continuación Nani Matos presentou ao presidente da asociación Dioco, Abdel Fata, ao artista senegalés, Bilal Traore e ao subinspector de extranxería Suso Conde. Tres persoas que ao entender do director resultaron fundamentais no proxecto.

Bilal Traore acompañado polo músico Bieito Álvarez recitou o poema 'África' como regalo sorpresa para o director da película. Tamén se presento un making off de como se fixo 'Lurna', e a actriz Diaryatou Daff subiu ao escenario para falar sobre o seu traballo neste filme. O acto concluíu con todo o equipo técnico e artístico sobre o escenario do Teatro Principal.

 

casa da luz

Pontevedra Film Commission

Casa da Luz, Praza da Verdura s/n
Pontevedra 36002 Spain
Tel: +34 986 100 185 ext 7465
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.