• Inicio
  • Noticias
  • “Cinema e Bicicleta”, documentais e cine de humor para ensalzar a bici como elemento de transporte

“Cinema e Bicicleta”, documentais e cine de humor para ensalzar a bici como elemento de transporte

pedalada 2016 2

Con motivo da tradicional Pedalada que se celebra o domingo, 24 de abril, o Concello de Pontevedra en colaboración con diversas asociacións e colectivos cidadáns organiza ou ciclo "Cinema e Bicicleta", unha selección de filmes sobre a bicicleta como medio de transporte.

O ciclo de cine e bicicleta proxectará dous documentales: "BICICLETAS VS COCHES", un documental sobre as tensións entre os lobbys do negocio dos coches, fabricantes, petroleras, e por outra banda, os activistas das bicicletas e do transporte sostenible. Unha peza para reflexionar e debater logo da súa proxección

O segundo documental é A TERRE A BICYCLETTE e versa sobre unha viaxe en bicicleta desde Portugal a Chinesa de sete anos.
Tamén haberá dúas cintas de humor: unha de Jaques Tati, francesa, obra mestra do cine cómico do absurdo europeo, e outra de Tim Burton, unha comedia americana sobre o roubo dunha bicicleta.

PROGRAMA DO CICLO CINEMA E BICICLETA

"BICICLETAS VS COCHES"
Xoves 21 de abril ás 20 h
Pazo de Mugártegui.

"JOUR DE FETÈ" (DÍAS DE FESTA)" de Jacques Tati
Xoves 28 de abril ás 20 h
Casa da Luz.

"AS AVENTURAS DE PEE-WEE" de Tim Burton
Xoves 5 de maio ás 20 h.
Casa da Luz.

"A TERRE A BICYCLETTE" de Andoni Rodelgo
Xoves 12 de maio ás 20 h.
Casa da Luz.

casa da luz

Pontevedra Film Commission

Casa da Luz, Praza da Verdura s/n
Pontevedra 36002 Spain
Tel: +34 986 100 185 ext 7465
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.