Miradas Femininas no Cinema Francés

miradas femeninas no cinema frances

Cinco das cineastas máis recoñecidas de Francia e cinco dos seus filme máis salientables conforman "Miradas femeninas no cinema francés contemporáneo ", un novo ciclo promovido por la Vicerrectoría del Campus de Pontevedra, presentado neste mesma semana e que se inicia o venres 6 de maio na Casa das Campás.

Organizado coa colaboración do Instituto Francés del Cine, o ciclo propón  un percorrido pola obra de varias das cineastas francesas contemporáneas, desde representantes da Nouvelle Vague como Agns Varda ou realizadoras que iniciaron a súa traxectoria na década de 1970 como Chantal Akerman, hastra representantes do cine más contemporáneo como Claire Denis, Mélanie Laurent y Fanny Ardant. Cinco autoras que amostran a forte presenza feminina tras as cámaras do cinema fráncés.
As proxeccións deste ciclo veranse complementadas cun coloquio coa programadora desta proposta, a experta en cine francés Bárbara Santos.

Estas diretoras ofrecen unha estética fortemente recoñecible, un discurso “de autor” moi enriquecedor non só para o cinema francés senón tamén para o resto das cinematografías. Propostas sinceras e empáticas nas que se presentan personaxes tremendamente interesantes e que non se acollen aos estereotipos femininos cos que podemos atoparnos a miúdo no cinema máis comercial. Estas cinco realizadoras dan diferentes posibilidades narrativas compostas por múltiples texturas sensoriais que estarán sempre marcadas por unha forte pulsión musical.

PROGRAMA DO CICLO MIRADAS FEMENINAS NO CINEMA FRANCÉS CONTEMPORÁNEO

"La folie Folie Almayer" Chantal Akerman (2011)
Venres 6 de Maio 19:30h
Casa da Campás. Rúa don Filiberto 9-11, Pontevedra

"Jacquot de Nantes". Agnès Varda (1991)
Venres 13 de Maio 19:30h
Casa da Campás. Rúa don Filiberto 9-11, Pontevedra

"J ’ai pas sommeil". Claire Denis (1994)
Venres 20 de Maio 19:30h.
Casa da Campás. Rúa don Filiberto 9-11, Pontevedra

"Respire". Mélanie Laurent (2015)
Venres 27 de Maio 19:30h.
Casa da Campás. Rúa don Filiberto 9-11, Pontevedra

"Cendres et sang". Fanny Ardant (2009)
Venres 3 de Xuño 19:30h
Casa da Campás. Rúa don Filiberto 9-11, Pontevedra

"La Folie Almayer".  Chantal Akerman (2011)

Adaptación da primeira novela de Joseph Conrad, publicada en 1895, que explora as ansias de riqueza de Kaspar Almayer (Stalisnas Merhar), un home europeo que vive na xungla. A súa cobiza así como a o seu amor pola súa filla Nina (Aurora Marion) levarano ata a loucura.

"Jacquot de Nantes".  Agnès Varda (1991)

Agnès Varda filma a vocación e as evocacións do seu marido, o tamén realizador Jacques Demy, dende que era un cativo e quería converterse en director. Un poema de amor cinematográfico que bascula entre o documental e a ficción. Un filme apaixonante e xeneroso que ofrece a visión do neno que foi e do home que chegou a ser. Un homenaxe dunha cineasta a outro cineasta.

"J’ai pas sommeil".  Claire Denis (1994)

A directora baséase nunha historia real acontecida en París na década dos oitenta: os crimes cometidos por Thierry Paulin, Coñecido como “o asasino de velliñas” ou “o monstro de Montmatre”. Daïga (Katia Golubeva) unha moza que chega a París desde Lituania para intentar ser actriz aínda que non sabe expresarse en francés, Nino (Béatrice Dalle) que rexenta un pequeno hotel e os irmáns Théo (Alex Descas) e Camille (Richard Courcet) intentan sobrevir no distrito XVIII de París, sen imaxinalo as súas vidas cruzaranse.

"Respire".  Mélanie Laurent (2015)

Este filme aborda a relación que se establece entre dúas rapazas de carácter moi diferente que se coñecen no instituto, Charlie (Joséphine Japy) e Sarah (Lou de Laâge). Unha relación que levará ao límete ás protagonistas. Adaptación libre da novela homónima de Anne-Sophie Brasme que pon de releve temas de actualidade cos que o espectador sentirase identificado dun xeito ou outro.

"Cendres et sang".  Fanny Ardant (2009)

Judith (Ronik Elkabetz) e os seus tres fillos volven a súa vila natal despois de dez anos de exilio voluntario en Marsella debido ao asasinato do seu marido. Regresan para o festexo do casamento da prima de Judiht; unha volta que remove todos os rancores do pasado. Fanny Ardant leva a pantalla o relato do escritor albanés Ismail Kadare titulado “Eschyle ou le grand perdant”, un drama familiar, de enfrontamento entre clans e vinganza.

 

casa da luz

Pontevedra Film Commission

Casa da Luz, Praza da Verdura s/n
Pontevedra 36002 Spain
Tel: +34 986 100 185 ext 7465
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.