• Inicio
  • Noticias
  • Pontevedra promove o talento dos cineastas coa edición 01 de Novos Cinemas

Pontevedra promove o talento dos cineastas coa edición 01 de Novos Cinemas

novos cinemas2

O Festival Novos Cinemas, que se desenvolverá dende o 28 de xuño ao de 3 xullo na cidade, nace  co obxectivo de artellar unha programación accesible a toda a poboación, e abrangue aspectos como a exhibición cinematográfica -presentando obras de cineastas emerxentes procedentes de diveresos países como China, Brasil, Estados Unidos, Francia ou Portugal–, a formación e o encontro entre profesionais, cunha marcada vertente lúdica.

 

Unha das principais finalidades de Novos Cinemas é detectar, difundir e promover o talento dos cineastas que dan os primeiros pasos neste mundo. Por este motivo, a Sección Oficial focaliza a súa atención nas primeiras e segundas longametraxes. Co obxectivo de dar cabida ás propostas máis novas e suxerintes, o certame non fai distincións nin sobre a natureza das películas nin sobre a súa procedencia xeográfica. Os nove filmes en competición -tal e como apuntou Daniel Froiz, Director executivo do Festival- representan a diversidade e riqueza estética que caracteriza ao cinema internacional máis actual.

No acto da presentacion estiveron presentes Anxos Riveiro -Concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra-, Juan Manuel Corbacho -Vicerreitor do Campus de Pontevedra da UVigo-, Jacobo Sutil -director da AGADIC-, Carmela Silva Rego -Presidenta da Deputación de Pontevedra-, Carla Andrade -artista e autora da cabeceira desta edición do Festival- e Daniel Froiz, Director Executivo de Novos Cinemas-.

 

casa da luz

Pontevedra Film Commission

Casa da Luz, Praza da Verdura s/n
Pontevedra 36002 Spain
Tel: +34 986 100 185 ext 7465
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.