• Inicio
  • Noticias
  • Un Seminario impartido por José Luis Guerin acompaña a retrospectiva da súa obra

Un Seminario impartido por José Luis Guerin acompaña a retrospectiva da súa obra

guerin noticia

A edición 01 de Novos Cinemas complementará a súa programación cun seminario impartido polo reputado cineasta catalán José Luis Guerin. Nel, o realizador fará un repaso á historia do cinema centrado no concepto de “novos cinemas” que abranguerá desde movementos como a Nouvelle Vague ou o New American Cinema ata autores e autoras que comezaron a súa carreira a unha idade temprá, como Dziga Vertov ou Chantal Akerman.

Guerin tamén estará presente no festival para realizar unha retrospectiva das súas obras, que empezará con “La academia de las musas”, a súa última película, como proxección inaugural da Edición 01. A retrospectiva incluirá outros dous dos seus filmes, así como unha sesión especial na que o cineasta comentará pezas dos artistas que máis o influíron.

O seminario estará composto por tres masterclasses que sumarán un total de 15 horas e terán lugar do 29 de xuño ao 3 de xullo. A ficha de inscrición está dispoñible en: https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/

casa da luz

Pontevedra Film Commission

Casa da Luz, Praza da Verdura s/n
Pontevedra 36002 Spain
Tel: +34 986 100 185 ext 7465
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.