Principia a venda de entradas de novos cinemas
Onte martes día 21 de xuño puxeronse a venda os abonos e as entradas individuais para asistir aos filmes que serán proxectados no festival pontevedrés de cine. As entradas por sesión ou actividade teñen un custo de 2 euros cada unha, e o prezo do abono é de 12 euros e engloba a asistencia ás nove películas que compoñen a Sección Oficial a concurso, tres das proxeccións correspondentes a 'Retrospectiva' de Guerin, e ás actividades de 'Por primeira ou última vez'.
Todas as sesión de pago serán no Teatro Principal e tanto entradas como abonos están xa venda tanto nas oficinas de Abanca como no despacho de billetes do Teatro Principal. O período de venda online activarase ata o vindeiro domingo 26 de xuño ás 23.59 horas a través de ataquilla.com
Compre salientar que o festival tamén conta con actividades de balde como acontece con 'Baixo as estrelas', un espazo en que os asistentes poderán gozar do cinema ao aire libre na praza da Pedreira.
Tamén é gratuíto '+Novos', un espazo para os espectadores máis novos.