• Inicio
  • Noticias
  • Pontevedra Film Commission presenta a súa web e os procedementos para pedir permisos para as rodaxes.

Pontevedra Film Commission presenta a súa web e os procedementos para pedir permisos para as rodaxes.

miguel lopez

 Pontevedra Film Commission presentou en ”Encontros de Novos Cinemas” a directores, produtores e distribuidoras a nova web e tamén os procedementos para pedir permisos para as rodaxes.

Entrevistado polo xornalista Angel Suanzes, o coordinador da film commission Miguel López resaltou o acerto de modelo de cidade e a comodidade de rodar en Pontevedra ocasionando desta maneira a mínima incomodidade á hora de facelo, asi como os beneficios para a cidade como pode ocorrer nos grandes eventos deportivos ou culturais, “desprazarse a Pontevedra a rodar é ter ocupación hostaleira, realizar compras no comercio local e comer ou tomar algo nos restaurantes ou prazas da cidade”

Explicando o formato da nova web na dirección www.pontevedrafilmcommission.com, Miguel López destaca que é unha web moi completa onde a parte dos servizos que prestan, contan tamén cun apartado de calendario de eventos onde se pode ver puntualmente todas as actividades tanto culturais como cinematográficas.

Contactar con Pontevedra Film Commission para o desenvolvemento dunha produción é moito máis cómodo porque por medio do departamento canalízanse todos os permisos necesarios sen ter que desprazarse dunha oficina a outra, á parte de axudar á localizacións de espazos e servizos e asesorando para rodar en Pontevedra.

Damos unha asistencia de apoio ao produtor durante o tempo que dure a rodaxe , así como promoción e soporte cos medios de comunicación con rolda de prensa no inicio da rodaxe e outra posteriormente para a presentación da estrea do proxecto realizado.

No apartado de servizos pódese cumprimentar un formulario de petición de rodaxe, onde será contestado en 24 horas como máximo.

A web está preparada para poder utilizarse tanto en ordenadores, tablet ou móbiles.

casa da luz

Pontevedra Film Commission

Casa da Luz, Praza da Verdura s/n
Pontevedra 36002 Spain
Tel: +34 986 100 185 ext 7465
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.