'Amal en Ruta' , chega a Pontevedra no mes de setembro

amal festival pontevedra

O director do Festival Internacional de Cine Euro-Árabe Amal, Ghaleb  Jaber Martínez,  o patrón da Fundación Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ignacio Varela, e a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, presentaron o mércores 13 de xullo 'Amal en Ruta', unha escolma do festival de cine que chegará ao Teatro Principal entre o 7 e o 11 de setembro.

'Amal en Ruta' está concibido como unha versión reducida do festival euro-árabe, e presenta unha selección de filmes composta por catro películas de ficción e tres documentais procedentes da última edición do festival compostelán. Os filmes proxectaranse entre o mércores 7 e o domingo 11 de setembro en sesión única ás 21 horas os dias de semana e o sábado e o domingo nunha dobre sesión ás 19.30 e as 21.00 horas.

O ciclo abrirase o mércores 7 de setembro con Gheada, unha coprodución Líbano-Qatar dirixida polo libanés Amin Doura que conta a historia de loita e superación do pai dun neno con síndrome de down.

O xoves 8 proxectarase Os cabalos de Deus, de Nabil Ayouch, unha produción de Bélxica, Francia e Marrocos, baseada na novela As estrelas de Sidi Moumen, de Mahi Binebine, biopic ficcionado dos membros da célula terrorista que responsable dos atentados de en Casablanca en mayo de 2003.

O venres 9 proxectarase Theeb, de Abu Nowar, filme seleccionado por Xordania para participar nos Óscar na categoría de mellor película de fala non inglesa.

O sábado 10 presentarase Colonos e pombas, un documental galego de Alfonso Pérez Caneiro e Marga Pazos que conta a vida dun grupo de escolares palestinos que teñen que ir ao colexio escoltados polo exército israelí, e a película Vila Touma, da palestina Suha Arraf.

O domingo 11 presentaranse dous documentais: un de acento galego, Alpuxarras, de Rafael Toba, que revela a vinculación entre os galegos e o mundo árabe na colonización das antigas terras musulmás na reconquista cristiá,  e Silvered water, Syria self-portrait, de Ossama Mohammed e Wiam Simav Bedirxan, unha coprodución sirio francesa que reflicte a crúa realidade do conflito serio.

 

casa da luz

Pontevedra Film Commission

Casa da Luz, Praza da Verdura s/n
Pontevedra 36002 Spain
Tel: +34 986 100 185 ext 7465
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.