• Inicio
  • Noticias
  • Mario Iglesias estreará este sábado a web serie "El origen del problema"

Mario Iglesias estreará este sábado a web serie "El origen del problema"

mario iglesias

O director pontevedrés Mario Iglesias proba sorte no mundo das webseries, e faino co proxecto "El origen del problema". O seu primeiro episodio estrearase este sábado 15 de outubro, a partir das 20 horas, no Teatro Principal de Pontevedra.

Mario Iglesias, o galardoado autor de Madre e da celebrada "De Bares"  estreará este sábado "El origen del problema" a su primeria web serie.  Producida por Alberto Plágaro e Miguel López, "El origen del problema" foi rodada durante os últimos anos en diversas localizacións da cidade de Pontevedra, entre elas diferentes rúas e prazas do centro histórico, como a Cafetería Blanco y Negro ou a cervexaría La Gramola.

En "El origen del problema", conflitos, dúbidas, temores e toda clase de problemáticas levan a persoas correntes -e non tan correntes- a achegarse a un gabinete de psicoterapia coa fin de compartir as súas inquedanzas e calmar as súas vidas das cargas que os aflixen.

Neste proxecto audiovisual colaboran o Concello de Pontevedra e a Pontevedra Film Commision.

A entrada para a estrea é de balde ata completar o aforamento do teatro.

 

casa da luz

Pontevedra Film Commission

Casa da Luz, Praza da Verdura s/n
Pontevedra 36002 Spain
Tel: +34 986 100 185 ext 7465
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.