Pontevedra acolle a presentación de "El origen del problema"
O Teatro Principal acolleu onte a estrea do último audiovisual do director pontevedrés Mario Iglesias, "El origen del problema"
Trátase da primeira entrega unha webserie concibida dun modo distinto, en palabras do director, unha historia "autoxenerada" onde a base da acción nace do traballo directo cos actores que axudan a construír a historia.
O nexo de unión é gabinete de psicoterapia, un lugar ao que se achegan diferentes tipos de persoa para compartir as súas preocupacións, dúbidas ou problemas que padecen no seu día a día.
Todo iso configura unha historia coral, que ten como estudio natural á cidade de Pontevedra, e que foi apoiada por Pontevedra Filme Commission.