Castelao. De Chumbo a Verba ultima a sua posproducción en Betanzos
O filme do director pontevedrés Miguel López, que será estreado o 20 de maio, esta a ultimar a sua postpro de son e etalonaxe da man de Mandeo Records.
O filme , gravado no verán, e en exteriores de Pontevedra afina agora o seu son en estudio en Betanzos, baixo a supervisión de ani López, xefe de son de Mandeo Records.
Creada en 2006, Mandeo Records é unha empresa especializada na sonorización de producións audiovisuais para cinema e tv, tanto en rodaxe como postproducción. O estudo atópase fincado en Betanzos, e na actualidade é unha das empresas de sonorización de referencia no sector audiovisual galego. A empresa traballou para produtoras como Filmanova, Pixel Filmes, Xamalú Filmes, Formato, DC Media, TVG.. Actualmente atópase en pleno proceso de expansión, afrontando a produción íntegra de proxectos cinematográficos en China, Abu Dhabi, Dubai, Polonia, Reino Unido e Alemaña. Conta co seu propio selo discográfico cun estudo propio para gravación musical e outro específico para produción audiovisual.