• Inicio
  • Noticias
  • Teatro Principal e Pazo de Congresos acollerán a estrea de tres novos audiovisuais apoiados pola Film Commission

Teatro Principal e Pazo de Congresos acollerán a estrea de tres novos audiovisuais apoiados pola Film Commission

estreas

Unha web serie ("La última piedra") o 30 de marzo, unha curta ("Desde  Dentro") o 26 de abril, e e a estrea da longametraxe sobre Castelao o 20 de maio, poñen de manifesto a vitalidade da Pontevedra Film Commission

A primeira das estreas será as 20.00 horas do día 30 de marzo, data na que será presentada no Teatro Principal a a web serie "La Última Piedra" de Adrián González e Tamara Andrés, que ten como protagonistas a Manuel Cao, María Carrera, Miquel Condal, Noelia Toledano, Paula Andrés, Sergio Pérez "Chuvi", Susana Cerviño y Tamara Andrés.

"Desde dentro" de Samuel Lema é unha curta que iniciou a súa andaina no 2015 e que verá a luz o 26 de abril. Tratáse dun mockumentary que tenta desvelar a identidade dunha asasino en serie convertido en figura mediática tras o infrutuoso intento dunha produtora por trasladar a súa historia a unha película

O día 20 de maio é a data de presentación da longametraxe “Castelao. De chumbo a verba", un documental ficcionado, primeira longametraxe de Miguel López, que será presentado no el auditorio do Pazo da cultura de Pontevedra as 20.30 horas

En todos os casos, a entrada será de balde ata completar o aforo.

 

casa da luz

Pontevedra Film Commission

Casa da Luz, Praza da Verdura s/n
Pontevedra 36002 Spain
Tel: +34 986 100 185 ext 7465
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.