Bambú Producciones realizará un casting de figurantes para a serie Fariña de A3 na Casa de la Luz
Fariña, a adaptación do best-seller escrito por Nacho Carretero que mostra a historia do tráfico de droga en Galicia, gravarase a partir do próximo mes de xuño en Vilanova de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, O Grove e Pontevedra, entre outras localidades, e ten a intención de converterse nun dos éxitos de Antena 3.
Producida por Bambu Produciones, responsable de éxitos como Gran Hotel, Velvet, ou a recente As mozas do cable (Netflix) ten unha forte presenza galega, e non só na paisaxe ou na temática. O seu produtor executivo é o Ramon Campos, e na nova serie ademais dos galegos habituais nos repartos da produtora como a viguesa Marta Larralde, Javier Rey, ou Tristán Ulloa engádense outros como Carlos Branco no rol de Oubiña ou Antonio Durán 'Morris' que será o patriarca do clan dous Charlines.
A Casa da Luz acollerá o casting o vindeiro venres 19 de maio, de 9.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas. Búscanse todo tipo de perfís, maiores de 16 anos.