Estrea de "Castelao. De chumbo e verba" no Pazo da Cultura
"Castelao. Do chumbo á verba" estrease este sábado 20 de maio no Pazo da Cultura ás 20 horas. Na presentación esta prevista a actuación da fadista María do Ceo, responsable con Armando González, da banda sonora. O seu cast inclúe a Miguel Pernas, Uxía Blanco, Yolanda Vázquez, Silvia Romaus e Iago Nóvoa, un mozo descuberto polo ao director durante o casting.
A idea do filme xurdiu coa edición do libro "Roteiro Castelao" no 2000 e materializouse no 2016/17. A súa sinopse é a seguinte:
Nun colexio de Pontevedra celébrase o día dás artes Galegas adicado á Castelao. A mestra encarga un traballo que teñen que realizar os alumnos durante o fin de semana. Un neno intelixente e un pouco vago recibe unha reprimenda da súa mestra porque toda a semana dedicárona a dar información sobre Castelao para o posterior traballo e cada pregunta que lle fai non a sabe contestar. A partir de aí, Xavi (o neno) percorrerá un mundo entre a fantasía e a realidade que o levará a coñecer de primeira man, a vida de Castelao.
O filme pretende distribuírse na contorna educativa e centros galegos de España.