"Clases de lo social", rodando en Pontevedra

clases-de-lo-social-film-735-portada

Pontevedra Film Commisssion   ten decido apoiar “Clases de lo Social" ,  unha miniserie para a Internet, producida `por Pablo Fernandez e dirixida por Pablo Cacheda, que se está a rodar en Pontevedra.

 

“Clases de lo Social" é unha miniserie en formato web de cinco capítulos de 7 minutos de duración que será rodada durante unha semana no instituto Sánchez Cantón, en bares, casas particulares, o Mercado de Abastos, e a Praza da Leña, entre outros exteriores.

A idea nace a partir da rodaxe da curtametraxe "Unhas clases do Social a tempo", estreada o pasado mes de setembro. Agora chega en formato "sitcom" para Internet e en español, para chegar a un público máis amplo.

O argumento desta primeira tempada desta comedia de situación para Internet céntrase en temas de tipo cotián, a partir dunhas clases de social impartidas por un profesorado peculiar imparte un alumnado moi singular. Santi Romay, o protagonista, dá vida a un alumno que acostuma meterse en lliortas pola súa incapacidade á hora de relacionarse.

O primeiro capítulo estará dispoñible entre maio e xuño. Estará distribuído en ouTube, Vimeo  e no sitio web www.clasesdelosocial.com. A distribución desta miniserie, estará reforzada por campañas nas redes sociais.

O reparto de “Clases de lo Social” está encabezado por Santi Romay e conta tamén co propio Carlos Blanco, Avelino González, Monty Castiñeiras, Bernardo Fernández, Xulio Abonjo e Sabela Arán. Con eles estará un equipo técnico no que figuran profesionais con experiencia e moito prestixio no sector audiovisual galego. Con eles estará un equipo técnico no que figuran profesionais con ampla experiencia no sector audiovisual galego.

casa da luz

Pontevedra Film Commission

Casa da Luz, Praza da Verdura s/n
Pontevedra 36002 Spain
Tel: +34 986 100 185 ext 7465
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.