• Inicio
  • Noticias
  • Pontevedra Film Commisssion, presenta o proxecto do documental ficcionado "Castelao vive en Pontevedra".

Pontevedra Film Commisssion, presenta o proxecto do documental ficcionado "Castelao vive en Pontevedra".

film

Ao acto, encabezado pola concelleira Carlota Román, asistiron o director, Miguel López, e os actores, Miguel Pernas, Uxía Blanco e Mayka Braña (esta última tamén guionista). A rodaxe comezará o próximo mes de setembro e estará centrada no periplo entre 1916 e 1936, é dicir "os anos máis felices" da vida desta figura transcendental da cultura e a política galegas

Carlota Román subliñou a satisfacción de poder presentar un proxecto xenuinamente pontevedrés, que servirá para promocionar a cidade cun personaxe que é un referente de Galicia. Destacou tamén a categoría do elenco de actores que darán vida á produción.

Miguel López explicou que levaba varios anos tratando de sacar a idea adiante, sen obter os apoios necesarios. Xurdiu no ano 2000 (Ano Castelao, coincidindo co 125 aniversario do nacemento do personaxe) e está inspirada no propio Roteiro Castelao, creado polo Concello. Amosouse encantado de poder contar con actores consagrados e adiantou que o tema musical central da película estará interpretado pola fadista María do Ceo.

O documental estará ficcionado e partirá do grupo escultórico da tertulia da praza de San Xosé. Alí Castelao porase en pé e comezará un percorrido polos lugares máis significativos desas dúas décadas nas que asentou o seu pensamento e que resultaron cruciais para entender a súa vida persoal, política e cultural. O guión trae a escena ao tempo presente.

Miguel Pernas considerou un honor encarnar a Castelao, unha referencia política e persoal. Considerou moi importante reivindicar a súa figura, especialmente en momentos nos que se está a golpear ao Ensino público. E, finalmente, cualificou a película como unha nova marabillosa para Castelao e para Pontevedra.

Mas info en: visit-pontevedra

casa da luz

Pontevedra Film Commission

Casa da Luz, Praza da Verdura s/n
Pontevedra 36002 Spain
Tel: +34 986 100 185 ext 7465
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.