
Relatos
Director: Mario Iglesias
Ano: 2009
Actores principais:
Luis Callego, Concepción González, Bruto Pomeroy, Yago Presa, Graciela Rodríguez.
Guión:
Mario Iglesias
Produtora:
La Máquina de Coser / Matriuska Producciones S.L. / Televisión de Galicia (TVG) S.A.
Sinopse:
Rosario Francesc é unha escritora ama de casa que visita ao psicoterapeuta porque ten episodios de pánico nocturno. Nun par de sesións afloran cuestións como medos, culpas e o descubrimento da expresión da sexualidade na súa relación con persoas fora do matrimonio. Os seus contos reflicten, en certo xeito, estas cousas, exploran o mundo que lle rodea máis aló dos seus pequenos problemas e acompañan en paralelo a propia historia de Rosario. Unha pequena historia sobre a impiedad dun camareiro cunha mendiga alcohólica, un crápula lercho que quere embaucar a unha moza cantante, unha intrusa que se planta nunha voda á que non foi convidada, a neta dun home que fusilou aos seus veciños durante a guerra e unha pintora que recibe un estraño encargo son os relatos de Rosario, que por fin arrincan a súa viaxe polo mundo ao aceptar unha editorial a súa publicación, aínda que esa non é a panacea que resolve os seus problemas.
(Fuente: FILMAFFINITY)