
"Wendyland is dead"
Director: Noelia Toledano
Ano: 2015
Actores principais:
Uxia Blanco , Miro Magariños, Fernando Garcia, Luis Barcia, Antía Costas, Martin Vázquez, Machi Salgado, Blanca Cendán, e Sergio Parazonio.
Sinopse:
"Wendyland is dead", é un proxecto audiovisual que mostra o percorrido emocional dunha muller que manifesta os síntomas da síndrome de Wendy. Aborda a necesidade absoluta de satisfacer á parella ou aos fillos, como resultado dunha educación baseada en estereotipos. Unha síndrome moi conectada coa síndrome de Peter Pan, máis común nos homes, e que caracteriza aqueles que non queren crecer nin asumir as obrigacións e responsabilidades da idade adulta. Cada Peter Pan necesita unha Wendy para asumir todo o que el non afronta, segundo a súa autora.